Visita de D. Arturo Parrado a Boa Vida
![Visita de D. Arturo Parrado as instalacións de Boa Vida](/wp-content/themes/yootheme/cache/0e/0729-Visita-Arturo-Parrado-2-0ea00992.jpeg)
Hoxe tivemos a visita institucional do Director Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia D. Arturo Parrado ás instalacións da Oficina de Dereitos e Deberes e a Tenda Solidaria da Asociación Boa Vida.
Dende o equipo de Boa Vida, agradecemos a D. Arturo Parrado o seu paso polas nosas instalacións, o interese mostrado e o traballo de colaboración entre o equipo técnico da Dirección Xeral de Inclusión Social e o de Boa Vida. Desexamos nos vincule por moitos anos aprol da loita contra a pobreza e a mellora da calidade de vida de tódolos participantes da asociación.
Seguimos na loita contra a pobreza, xuntos sempre seremos máis fortes.