Xa está dispoñible a nosa Lotería de Nadal 2025!
Número: 91468
Co Nadal achegándose, na Asociación Boa Vida poñémonos novamente en marcha cun dos momentos máis especiais do ano: a venda do noso número solidario da Lotería de Nadal 2025. Un número que non só trae ilusión, senón que tamén contribúe a apoiar os proxectos sociais que desenvolvemos durante todo o ano.
⭐ Por que mercar o noso número?
Cada participación ten un prezo de 5 €, dos cales 1 € é un donativo destinado directamente a apoiar os programas de inclusión, formación e acompañamento que realizamos desde Boa Vida.
Isto significa que, ao tempo que xogas e compartes ilusión, tamén axudas a mellorar a vida de persoas en situación de vulnerabilidade.
🎟 Onde podes conseguila?
A nosa lotería está á venda:
📍 Nas tendas Boa Vida – Vivir do Traballo – Traperos
📍 Na sede da Asociación Boa Vida
Calle Echegaray, 10 – 2º esquerda, Pontevedra
📞 986 101 116
🌐 www.boavida.org