10 ANOS DE BOA VIDA
Na mañá do 12/02 xuntámonos para homenaxear ás persoas fundadoras, e a aquelas que finaron neste percorrido que cumplía 10 anos o sábado, acto no que compartimos momentos para o recordo, a festa e a emoción e que quedou reflectido nunha placa conmemorativa.

Historias para o recordo…
Angel Darrosa Amboal. Dicía de si mesmo que era protestante, defensor a ultranza da xustiza tan valente que foi capaz de tomar a palabra nun mitín do alcalde. Grazas por axudarnos a crecer coas túas críticas
Ruth Liliana Lopez de Casas. Portavoz da asociación na rúa, nos foros e onde fixera falta. Grazas pola túa facilidade de palabra.
Mariló Pintos Tilve. Filosofa excepcional, vendedora fabulosa. Grazas polas túas achegas.
Gustavo García de Jesú. Organizador, monitor de habilidades sociais, cargador de camións e o que fixera falta. Grazas pola túa visión e apoio moral.
Miguel Luque Fajardo. Mestre da vida, filosofo, filántropo. Grazas por ensinarnos as consecuencias de vivir na rúa.