Vivir co rural

Conectando ca terra en comunidade

A asociación Boa Vida Inclusión Activa comeza o 2022 co proxecto Vivir co Rural, cuxo obxectivo xeral é o de “promover a dinamización comunitaria e o apoio ao tecido asociativo con información, formación, asesoramento e actividades formativas e culturais para acadar unha sociedade e economía rural máis sustentábel”. A parroquia de Alba, pertencente ao concello de Pontevedra, xa conta cun punto de información e orientación no centro sociocultural ao carón da igrexa, onde tódalas persoas que desexen achegarse a coñecer ou participar de primeira man deste proxecto están convidadas. Esta horta comunitaria non só sera un espazo de lecer, senón que tamén é un espazo para motivar ás persoas en situación de exclusión na produción de alimentos para o autoconsumo; e coa posibilidade de que cheguen a xerar unha fonte de ingresos a longo prazo. Así mesmo, é un espazo para formar e acompañar na produción a tódalas persoas, con ou sen ingresos, que desexen aprender a cultivar ou sinxelamente precisen un anaco de terra. Polo de agora contamos con 10 parcelas de 25 m2 asignadas aos participantes e unha colectiva que serve de “aula” de sementeiras. Anímovos a visitar Alba; a coñecernos, a participar, a aprender, a compartir e a desfrutar desta comunidade; remando cóbado con cóbado faremos que en Alba tódolos días sexa un novo amencer.

boavidainclusionactiva, formación

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.