10º Aniversario
En tempos de guerra, a Asociación Boa Vida, trae paz a Pontevedra
Encontro, mirada, emoción HUMANIDADE
No marco da celebración do décimo aniversario a entidade pontevedresa presenta mañá venres 11 de marzo as 19:30 da tarde a exposición HUMANOS EN EL PLANETA CIELO.
A exposición estará aberta ao publico na sala NEMONON (edificio Villa Pilar), R/Marqués Riestra, num 11 Pontevedra
Horarios: Venres 11 de 19.30 a peche
Sabado e domingo de 11 a 14 e 17 a 20.
Non imaxinaban que sería tan precisa esta acción cando empezaron o proceso que levou mais de 6 meses, nalquel momento, dun encontro entre profesionais da psicoloxía e fotografía con Boa Vida, naceu esta exposición. Eles ofrecían a súa experiencia e pedían colaboración de persoas que se prestaran a ser fotografiadas e entrevistadas,
Convencidos de que o benestar, individiual e colectivo, pasa polo encontro e que nel se diluen todas as etiquetas.
Na exposición veredes persoas vistas por outras persoas, son imaxes dun encontro xenuino, imaxes dunha conversa. ¿pode verse a unha conversa? As persoas que visiten a exposición van a poder decilo.
Os artistas que fixeron posible este proceso foron por un lado Enrique e Lorena, e por outro, persoas en pobreza, traballadores de Boa Vida e voluntarios, dende a asociación damos as grazas a todos eles por valentes, por compartirse e por confiar en descoñecidos, e convertirnos en unha soa persoa unidos polo humano que hai en nós.
En palabras das persoas que fotografiaron e entrevistaron, esta exposición é o resultado da escoita da indagación humana a traves da entrevista, o resultado de coñecerse, falar da vida, onde xorden historias emocións, música, contos,…. encontros sempre cunha orientación ao corazón.
Queremos berrar aos catro ventos, que todo o mundo se entere de que hai un espazo que nós chamamos “Ceo”, no que a humanidade de cada quen se atopa, se encontra mais alá das ideas, sobre nós mesmos, e sobre todo de patróns establecidos sobre o que “debería ser”. Ese encontro vai mais alá do persoal e ao mesmo tempo abraza o persoal.
O nome do espazo non é importante, cada quen pode porlle o seu propio nome, presenza, claridade, tenrura, alegria, libertade, paz, … o importante é saber que ese espazo existe e que pode ser usado sen fin, ir a el cada vez que as palabras contrarias nos atenazan.
As imaxes que atoparan nesta exposición mostran a beleza do que É, en letras MAIUSCULAS, o que é o encontro, ainda que a beleza sempre está nos ollos dos que miran.
Convidamos a cidadania a compartir esa beleza que cada quen de nós ten dentro, cos teus sorios a túa tristeza os teus xestos, os rasgos das súas miradas das súas almas que se comunican coa túa.
Na exposición poderán atopar información sobre como colaborar coa poboación afectada pola guerra, a través dos grupos de Traperos de Emaus Internacional que xa estaban operando nos países limitrofes a Ukraína.