Skip to main content

Formación en reciclaxe textil e competencias para a vida 2022

Cartel Formación en reciclaxe textil e competencias para a vida 2022

Dende a Asociación Boa Vida convocamos a toda persoa interesada en participar na nova formación que vamos a realizar coa denominación de “Formación en reciclaxe e competencias para a vida”. Se queres que este mundo sexa un pouco máis sostible non esperes e anotate, aprenderás novos xeitos de que a ecoloxía e o traballo melloren a nosa terra e as nosas conciencias.

Obxectivos

  1. Fomentar a reciclaxe.
  2. Concienciar dos beneficios dun uso responsable dos produtos téxtiles e outros de refugallo.
  3. Adestrar as competencias para a vida.
  4. Reforzar a psicomotricidade fina.
  5. Facilitar produtos (roupa, calzado, libros, xoguetes…) para uso persoal e familiar.
  6. Aprendizaxe básica de arranxos de roupa.
  7. Facilitar produtos de elaboración propia, (mandiles, manteles, bolsas) para uso persoal e familiar.

Contidos

  • Creación dun espazo de confianza e reunión, cun ambiente distendido para as persoas participantes.
  • Técnicas de elaboración e manipulación de materiais de desfeito.
  • Técnicas para a reciclaxe baseadas no téxtil
  • Transmisión de valores de, cooperación, cohesión de grupo, solidariedade, tolerancia e respecto e intercultural.
  • Dinámicas de relación e comunicación saudables e para a busca de emprego coas novas tecnoloxías.
  • Igualdade de xénero.

Alumnado

Persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social, contemplando tamén o risco de ambas situacións como potenciais participantes.

Terán preferencia aqueles que sigan algún itinerario de inserción e veñan valoradas doutras entidades que traballan neste eido.

Non se descarta a participación de persoas que non teñan este perfil sempre que queden prazas dispoñibles, co obxectivo de promover a inclusión social.

O número de persoas será como mínimo 8 e como máximo 12.

Duración:

4 ciclos de 37 horas cada unha. 5h/día, os Venres

Data de inicio prevista: 22 de abril de 2022

Data de finalización prevista: 11 de novembro de 2022

Horario previsto: de 09:00 a 14:00hrs

Lugar de Realización: Baixos da Igrexa Santiaguiño do Burgo, Pontevedra

Inscricións e información:

Na ODDS Boa Vida (Rúa da Seca, 3)

No teléfono 698124762

No email formacion.emprego@boavida.org

competencias para a vida, formación, reciclaxe textil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *