PRIMEIRO ENCONTRO PRESENCIAL DO PROXECTO AMALUR REUTILIZA EN MURCIA
O pasado luns día 22 de abril celebrouse en Murcia a primeira reunión presencial de AMALUR REUTILIZA na que participaron representantes de cada unha das entidades que integran o proxecto, Riquirraque Emaús (Asturias), Emaús Servicios Medioambientales (País Vasco), Traperos Recicla (Murcia), Vivir do Traballo (Galicia) e Traperos Huelva.
Este primeiro encontro centrouse na visita ao Centro de Gestión de Voluminosos y Enseres da E. I, Traperos Recicla S. L., membro do proxecto Amalur e situado no concello de Molina de Segura.
A xornada de traballo comezou cunha visita ás instalacións e posterior explicación por parte dos representantes da E.I. do funcionamento de cada espazo de traballo do centro. Así mesmo, foi posible coñecer o tipo de residuos que se xestionan e tratan nel, así como as ferramentas e sistemas de traballo utilizados para garantir un adecuado tratamento e rastrexabilidade dos residuos.
O proxecto inclúe o deseño e fabricación dunha máquina que nos permita separar os materiais reutilizables dos residuos, como ocorre co tratamento dos colchóns, e incidir positivamente no gran problema que xeran os 3 millóns que se tiran cada ano en España. A metade destes residuos van directamente ao vertedoiro sen tratamento previo, o que supón un importante impacto ambiental. Ao reciclar colchóns usados, é posible rendibilizar os elementos extraídos e a utilización de ferramentas adecuadas para o desenvolvemento de calidade na actividade de recollida e xestión de residuos.
A visita serviu para demostrar o funcionamento da ferramenta piloto coa que conta E.I. Traperos Recicla S. L. e que pretende deseñar e desenvolver cun sistema homologado.
Tamén se visitaron os diferentes puntos de venda de segunda man da Asociación Traperos de Emaús de Murcia (entidade promotora de Traperos Recicla) co fin de compartir todos os espazos de traballo e modos de funcionamento relacionados coa economía circular, social e solidaria.
A reunión presencial do equipo de Amalur Reutiliza centrouse nos seguintes puntos para traballar na orde do día.
– Presentación, por entidades, do avance do proxecto e da situación actual.
– Definir as liñas de difusión e publicidade do proxecto, así como o contido da elaboración dos medios audiovisuais.
– Elaborar e unificar os anexos de seguimento económico e técnico do proxecto para garantir a súa correcta execución.
– Estratexia para abordar a contratación pública das administracións públicas a través do proxecto AMALUR REUTILIZA.