Skip to main content

Hota Comunitaria de Cabanas – O proxecto con máis vida de Boa Vida

“Hoxe queremos presentarvos a nosa Horta Comunitaria de Cabanas de Boa Vida.

Unha horta social, colectiva, en chave agroecolóxica, onde facemos formacións diversas relacionadas coa produción de alimentos e a vida no rural, o que lle da nome ao proxecto “Vivir co Rural”.

Levamos xa 4 meses de formacións en bosques comestibles, cultivo de horta colectiva, sementes e especies autóctonas, sistema de rego eficiente, e as que quedan ao longo deste 2024 🙂 Cada martes e xoves pola mañá alí estamos coidando, mantendo, plantando e colleitando da nosa horta.

Un terreo con moitas posibilidades, no que cultivamos en colectivo, decidimos en asemblea, e creamos unha pequena comunidade diversa e respetuosa. Grazas as nosas participantes e a súa implicación neste proxecto.

Se queres ser voluntaria/o/e ou colaborar dalguna maneira ponte en contacto con nós.

Seguimos semeando futuro”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *