Obradoiro de Saúde
En Boa Vida Inclusión Activa propoñémosche un Obradoiro de Saúde pensado para parar un intre, escoitar o corpo e aprender pequenas ferramentas para mellorar o teu benestar no día a día.
Un encontro grupal, próximo e participativo, onde falaremos de saúde e autocuidado dun xeito sinxelo e accesible.
📅 Cando? 16 de xaneiro de 2026
🕛 A que hora? De 12:00 a 13:00 h
📍 Onde? Oficina ODDS – R/ Echegaray nº 10
📞 Inscrición previa: 698 124 762
Se che apetece coidarte, compartir e aprender nun ambiente acolledor, agardámoste.