Skip to main content

Sesión do “Informa-Te” na ODDS de Boa Vida

Este 7 de agosto, a asociación Boa Vida realizou o “Informa-Te”, unha iniciativa promovida a través da nosa ODDS.

A sesión, que tivo lugar na nosa sede da Rúa Echegaray, estivo orientada a proporcionar unha atención de proximidade. Durante a actividade, as persoas asistentes recibiron información detallada sobre os recursos dispoñibles no concello de Pontevedra e unha guía clara sobre os seus dereitos e deberes sociais. Ademais, desde Boa Vida explicamos os nosos programas de acompañamento socioeducativo, formación e economía solidaria, para que as persoas coñecesen todas as posibilidades de apoio que lles podemos ofrecer.

O balance da xornada é positivo, cunha participación activa e un clima de confianza. Trátase dunha primeira toma de contacto para despexar dúbidas e orientar ás persoas cara aos recursos máis axeitados para a súa situación.

Se ti tamén tes dúbidas ou necesitas orientación, podes contactar connosco:

  • Teléfono: 698 124 762
  • Correo electrónico: comunicacion@boavida.org
  • Enderezo: Rúa Echegaray, 10-2E, Pontevedra
  • Horario: 09.00h a 14.00h de luns a venres

Esta actividade está cofinanciada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *