Skip to main content

Sesión especial de Fogares Creativos: “Contratos de aluguer e convivencia”

Venres 14 de agosto de 2026 | Edificio Administrativo de Benito Corbal (entrada por Javier Puig)

O vindeiro venres, organizamos unha sesión especial de Fogares Creativos que une, por primeira vez, as actividades “Busca Activa de Vivenda” e “Convivir coa contorna”. Un encontro pensado para abordar a procura de fogar desde unha perspectiva integral: o acceso á vivenda e a construción de comunidade.

Nesta ocasión, a temática central serán os contratos de aluguer, un eido no que as persoas inquilinas se enfrontan con frecuencia a prácticas abusivas por parte dos arrendadores. Durante a sesión aprenderemos a revisar un contrato, a identificar cláusulas que poden ser ilegais e a coñecer os dereitos que asisten ás persoas arrendatarias.

Contidos da sesión:

  • Elementos básicos dun contrato de aluguer.

  • Cláusulas habituais e cláusulas abusivas: como detectalas.

  • Duración, fianzas, gastos repercutibles e renovacións.

  • Relación entre vivenda digna e convivencia na contorna.

Detalles prácticos:

  • Data: Venres, 14 de agosto de 2026

  • Horario: Ás 10.00h

  • Lugar: Edificio Administrativo de Benito Corbal, entrada pola rúa Javier Puig, 3º andar, sala 07-08.

Inscrición e máis información:

Recoméndase confirmar asistencia no teléfono 604 042 129.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *