Crónica: Obradoiro “Asesórate” sobre Dereitos Básicos Laborais

Esta mesma mañá, a ODDS de Boa Vida acolleu unha nova sesión do Obradoiro “Asesórate”.
Nesta ocasión, os contidos centráronse en tres aspectos clave:
-
O dereito a sindicarse: abordamos a súa protección, a liberdade sindical e a súa importancia como ferramenta de defensa colectiva dos intereses laborais.
-
Os tipos de contrato: revisamos as modalidades contractuais máis habituais, as súas características e as condicións que deben cumprir.
-
Casos individuais: as persoas participantes tiveron a oportunidade de compartir a súa situación particular e recibir orientación inicial, nun clima de confianza e respecto.
A sesión transcorreu cunha alta participación, confirmando o valor destes espazos de información e acompañamento para que as persoas traballadoras coñezan e exerzan os seus dereitos.
Próximas edicións
Anunciaremos en breve novas datas. Se queres participar ou tes interese en recibir información, contacta connosco: 698 124 762
Coñece os teus dereitos. Infórmate. Decide.