Skip to main content

Crónica: Sesión especial de Fogares Creativos sobre contratos de aluguer

O pasado venres 14 de agosto, realizamos unha nova sesión do programa Fogares Creativos no Edificio Administrativo de Benito Corbal (entrada por Javier Puig). A xornada uniu as actividades de Busca Activa de Vivenda e Convivir coa contorna, nesta ocasión cun foco específico: os contratos de aluguer e as prácticas abusivas.

A pesar da reducida asistencia, a sesión desenvolveuse nun clima próximo e participativo. As persoas participantes puideron expor as súas situacións particulares, revisar modelos de contrato e identificar cláusulas abusivas habituais. Falouse tamén dos dereitos das persoas inquilinas, das vías de reclamación e dos recursos de asesoramento dispoñibles.

A atención personalizada permitiu resolver dúbidas concretas e avanzar en estratexias para afrontar situacións de precariedade habitacional. Unha lembranza de que cada proceso de acompañamento importa, independentemente do número de persoas.

Anunciaremos en breve novas datas. Se queres participar ou tes interese en recibir información, contacta connosco no 698 124 762.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *