Skip to main content

XV Escola de Verán 2026

Venres 28 de agosto de 2026 | Restaurante NASANTIÑA

A XV Escola de Verán de Boa Vida xa ten data e programa. Unha xornada pensada para a aprendizaxe, a convivencia e a celebración, que este ano se desenvolverá ao longo dun día completo, das 10.00 h ás 18.00 h, no Restaurante NASANTIÑA.

Obradoiros e temas desta edición:

  • Identidade e globalización

  • Ioga matinal

  • Vivir en comunidade

  • Resolución de conflitos

Ademais dos obradoiros, a xornada contará con descansos, comida e un espazo libre e lúdico para pechar o día de xeito distendido, favorecendo o encontro e a celebración colectiva.

Detalles prácticos:

  • Data: Venres, 28 de agosto de 2026

  • Horario: De 10.00 h a 18.00 h

  • Lugar: Restaurante NASANTIÑA

  • Prazas: Limitadas

Inscrición e contacto:
Para formalizar a túa praza ou solicitar máis información, contacta connosco no teléfono 698 124 762.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *