Sesión especial de Fogares Creativos: “Contratos de aluguer e convivencia”

Venres 14 de agosto de 2026 | Edificio Administrativo de Benito Corbal (entrada por Javier Puig)
O vindeiro venres, organizamos unha sesión especial de Fogares Creativos que une, por primeira vez, as actividades “Busca Activa de Vivenda” e “Convivir coa contorna”. Un encontro pensado para abordar a procura de fogar desde unha perspectiva integral: o acceso á vivenda e a construción de comunidade.
Nesta ocasión, a temática central serán os contratos de aluguer, un eido no que as persoas inquilinas se enfrontan con frecuencia a prácticas abusivas por parte dos arrendadores. Durante a sesión aprenderemos a revisar un contrato, a identificar cláusulas que poden ser ilegais e a coñecer os dereitos que asisten ás persoas arrendatarias.
Contidos da sesión:
-
Elementos básicos dun contrato de aluguer.
-
Cláusulas habituais e cláusulas abusivas: como detectalas.
-
Duración, fianzas, gastos repercutibles e renovacións.
-
Relación entre vivenda digna e convivencia na contorna.
Detalles prácticos:
-
Data: Venres, 14 de agosto de 2026
-
Horario: Ás 10.00h
-
Lugar: Edificio Administrativo de Benito Corbal, entrada pola rúa Javier Puig, 3º andar, sala 07-08.
Inscrición e máis información:
Recoméndase confirmar asistencia no teléfono 604 042 129.