XV Escola de Verán 2026

Venres 28 de agosto de 2026 | Restaurante NASANTIÑA
A XV Escola de Verán de Boa Vida xa ten data e programa. Unha xornada pensada para a aprendizaxe, a convivencia e a celebración, que este ano se desenvolverá ao longo dun día completo, das 10.00 h ás 18.00 h, no Restaurante NASANTIÑA.
Obradoiros e temas desta edición:
-
Identidade e globalización
-
Ioga matinal
-
Vivir en comunidade
-
Resolución de conflitos
Ademais dos obradoiros, a xornada contará con descansos, comida e un espazo libre e lúdico para pechar o día de xeito distendido, favorecendo o encontro e a celebración colectiva.
Detalles prácticos:
-
Data: Venres, 28 de agosto de 2026
-
Horario: De 10.00 h a 18.00 h
-
Lugar: Restaurante NASANTIÑA
-
Prazas: Limitadas
Inscrición e contacto:
Para formalizar a túa praza ou solicitar máis información, contacta connosco no teléfono 698 124 762.