Reflexionando sobre vivir con dignidade: preparación do Día da Erradicación da Pobreza

Dende o programa Somos Migracións, convidámosvos a participar nunha actividade de concienciación arredor da dignidade e o dereito a vivenda, enmarcada na preparación do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro).
A proposta combina unha sesión de reflexión en grupo coa preparación dunha acción na rúa, co obxectivo de visibilizar unha situación que afecta a moitas persoas e de reivindicar a vivenda como un dereito humano fundamental, non como un privilexio.
Descrición da actividade:
A sesión partirá dunha pregunta sinxela pero profunda: “Que significa vivir con dignidade?”. A partir de aí, abriremos un diálogo sobre o acceso á vivenda, as barreiras económicas e sociais, o prexuízo e a discriminación, e as alternativas que podemos construír colectivamente.
Obxectivos:
-
Reflexionar sobre o significado de vivir con dignidade.
-
Visibilizar as situacións de exclusión residencial e pobreza.
-
Xerar un espazo de encontro e acción comunitaria.
-
Reivindicar políticas públicas de vivenda social e protexida.
Detalles prácticos:
-
Data da sesión: Martes, 13 de outubro de 2026
-
Hora: 18:30h
-
Lugar: Oficina de Boa Vida. Rúa Echegaray, 10, 2º E.
-
Acceso: Actividade gratuíta, con prazas limitadas
-
Inscrición: Necesaria para reservar praza.
Inscrición e contacto:
📞 Teléfono: 698 124 762
Esta actividade enmárcase no programa Somos Migracións, subvencionado pola Xunta de Galicia e os Fondos Sociais Europeos.
Ven reflexionar connosco e prepara con nós o Día da Erradicación da Pobreza.
Porque a dignidade non se negocia.