Apertura Nova Tenda Boa Vida Vilagarcía
Estamos moi contentos de notificarvos esta boa nova, Boa Vida crece e agora xa estamos en Vilagarcía de Arousa.
No noso empeño de traballar contra a pobreza e a prol do medio ambiente, queremos levar a nosa filosofía de vida a Comarca de Arousa. Na nova tenda poderás deixar artigos que xa non uses (roupa, xoguetes, mobles, etc.) para que lle poidamos dar unha segunda vida, deste xeito tamén colaborarás co proxecto de inserción laboral de persoas coas que traballamos.
A partir de hoxe venres 12 de novembro do 2021 podedes atoparnos na Rúa San Roque, nº 11 baixo en Vilagarcía de Arousa.