Skip to main content

Formación introdución Peón Forestal

Dende Boa Vida no Rural, en Pontendeva e Padrenda, desenvolvemos o proxecto Emprendendo en Común, que conta con itinerarios personalizados de acompañamento social, persoal e laboral así como formacións, charlas e encontros grupais que poñan en valor ás persoas, as súas necesidades e a contorna rural.

Este mes comezamos o curso de introdución Peón Forestal nas zonas de Ourense en Padrenda e Pontedeva

Para máis información chama ao 604 23 72 44.

Este proxecto desenvólvese dentro do Plan de Inclusión Social da Xunta de Galicia a través das subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, confinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

boavidainclusionactiva, formación, Rural