Mesa Redonda Renda Básica Incondicional
Na nosa tarefa da loita polos dereitos das persoas, a Asociación Boa Vida plantexa unha mesa redonda sobre a “Renda Básica Incondicional”, continuando co debate de como mellorar as complicadas situacións que están a vivir moitas persoas.
O vindeiro venres 5 de novembro, no local da Oficina de Dereitos e Deberes Social (Rúa da Seca, 3 baixo – Pontevedra) as 18:30 horas, explicaremos e debatiremos pola loita da instauración da Renda Básica Incondicional.
Estarán presentes nesta mesa activistas de Pontevedra (Asociación Boa Vida) e Murcia e Madrid (Eureka), conformando a Plataforma que promove a Iniciativa Ciudadana Europea (ICE).
Tamén nos encontraredes nas rúas de Pontevedra solicitando sinaturas para impulsar a inciativa lexislativa a nivel europeo, na Praza da Peregrina os seguintes días:
- Venres de 10:30 a 13:30
- Sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30
Se queres participar nesta actividade acude as nosas oficinas, xa que esta loita é a loita de todas e todos nos.
Se queres asinar a proposta da Renda Básica, abre a seguinte ligazón e asina https://eci.ec.europa.eu/014/public/#/screen/home
Por un futuro digno, por unha Renda Básica Incondicional