Skip to main content

Atopándonos na Diversidade co CPI Padrenda-Crespos

Hoxe comezaron os obradoiros “Atopándonos na Diversidade” , que durante este mes de novembro desenvolveremos no CPI Padrenda-Crespos.

Xunto con todo o alumnado de primaria, estivemos a xogar co “tarro da autoestima”, co que dunha maneira lúdica mostramos o seu significado e como podemos aumentala. Tamén fixemos un auto-retrato no que quedaron recollidas varias calidades de cada unha/un así como actividades que desenvolvemos que nos fai sentir ben. Unhas auténticas obras de arte baseadas no mellor do mellor, elas/eles mesmas/os

?

Estes obradoiros están financiado polo Concello de Pontedeva a través da Secretaría Xeral da Igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.