Skip to main content

Aldeas Activas e Saudables

Desde que comezou a pandemia, o noso proxecto de “Aldeas Activas e Saudables” tomou unha perspectiva moito máis individual e non tan grupal como nos gustase, pero isto non fixo que deixásemos de acompañar e fomentar unha estimulación cognitiva e motora entre as nosas veciñas e veciños máis maiores, con especial atención a aquelas persoas que sofren máis a soidade.

Exercicios e actividades concretas, apoio emocional, charlas, paseos e chamadas regulares, entre outras, forman parte do día a día deste proxecto. Estar con elas e eles é aprender sobre o noso territorio, sobre o que nos rodea. É aprender de como era para entender onde estamos, é APRENDER en maiúsculas.