Skip to main content

Campaña de difusión Contra a Violencia de Xénero

Estamos a levar a cabo unha campaña de difusión Contra a Violencia de Xénero na que queremos que participes.

Para iso, cada unha/un de nós, sacarémonos unha foto cun cartel que diga NON , que ben podes facer ti mesma/o ou cho podemos levar nós á túa casa. Con todas as fotos faremos un pequeno vídeo que difundiremos o 25 de novembro, día Contra a Violencia de Xénero. Desta forma, queremos lanzar unha mensaxe rotunda e sensibilizadora cara a esta problématica, así como dicir ás victimas desta violencia que estamos aquí, que estamos con elas.Se vives en Pontedeva ou arredores, únete e segue construíndo comunidade

Máis información no 604 23 72 44

Violencia de Xénero