BOA VIDA INICIA A SÚA CAMPAÑA DE NADAL, CON ESPERANZA E ILUSIÓN.

Ante a incerteza coa que vivimos nos tempos actuais de pandemia o Nadal colle aínda mais sentido, e dende Boa Vida sumámonos ao sentimento de esperanza que estas datas nos inspiran.

Este ano queremos especialmente achegar á cidadanía á nosa Tenda Solidaria, na rúa Santa Clara, 35; facilitando novos espazos ademais do xa clásico mercado de xoguetes no que se poden atopar artículos para todas as idades provintes de doazóns, que o persoal de Boa Vida prepara con agarimo e adicación. .

Garantímosche a perfecta desinfección e o correcto tratamento sanitario de todos os obxectos que pasan pola nosa tenda, para que poidas desfrutar destes produtos con total seguridade

Nesta ocasión poñemos en marcha tamén a campaña 4×1, mediante a cal se poderán mercar catro pezas de roupa por só un euro: para podermos aplicar os necesarios protocolos sanitarios de seguridade, habilitaremos tamén a entrada secundaria da nosa tenda, na Rúa Álvaro Cunqueiro.

Na tenda solidaria de Boa Vida traballamos todo o ano para lle dar unha segunda oportunidade aos obxectos… e ás persoas. Podes depositar as túas doazóns de todo tipo de produtos nos puntos de recollida habilitados na cidade, pero nesta época do ano precisamos especialmente doazóns de xoguetes en bo estado para a campaña de nadal.


Fai a túa achega para un nadal sostible e axudar a que ningún cativo ou cativa quede atrás nestas datas tan especiais.

Ten presente que ademais de facer feliz á persoa que recibe o teu agasallo, contribúes coa túa solidariedade a crear un mundo máis xusto no que os teus veciños con máis dificultades son os beneficiarios directos da túa acción.

Para facilitarmos as entregas de todos eses produtos que ti xa non precisas, a Asociación Boa Vida mantén en funcionamento diversos puntos de recollida: na sé da UNED, na facultade de Ciencias Sociais, nos institutos Xunqueira I e II, no CEIP Froebel e mesmo no Concello de Vilaboa. Podes consultar en calquera momento a ubicación destes puntos de recollida na nosa web: boavida.org.

ESTE NADAL, RACHA CO GUIÓN!
ESTE NADAL, DOA, MERCA E AGASALLA SOLIDARIO!

nadal

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.