Boa Vida celebra o seu 10º aniversario o próximo 7 de maio con actividades na rúa
Dende o 2012 a entidade ven traballando na loita contra a probreza e a exclusión social das 9 persoas que iniciaron este proxecto son agora 35 entre persoas asalariadas e voluntarias. Compartirán coa cidadanía de Pontevedra na praza da Peregrina o seu camiñar, repartindo información das actividades actuais entre as que se atopan as tres tendas solidarias, unha en Vilagarcía e dúas en Pontevedra, o acompañamento para a mellora persoal social e laboral con itinerarios personalizados e formación en áreas moi diversas dende a preparación para obtención da ESA e competencias clave, agro-gandeiría para autoconsumo, ou envasados.
Na praza ademais de mostrar os productos convidarán á cidadanía a catro opcións de participación:
1- Escoita mútua.
2- Accións recuperadoras da saúde psicolóxica.
Miradas Solidarias.
Saúdos de mans como símbolo de fraternidade e de desexos de PAZ.
Abrazos gratis.
3- Debuxos para un mundo mais xusto. Convidaran a persoas adultas e cativas a debuxar como imaxina que tería que ser un mundo mellor e onde o medio ambiente sexa saúdable.
4-“Maximino, cantor dos camiños” interpretado por Carlos Yus, cantará unhas cancións con temáticas variadas, unhas para adultos e outras para público infantil e outras tradicionais.