Skip to main content

Boa Vida na Asamblea Mundial de Traperos de Emaús.

Santiago Barros, integrador social de Boa Vida, xunto con outros participantes da Asamblea Mundial de Traperos de Emaús

Boa Vida participou na 14º Asamblea mundial de Emaús que tivo lugar en Uruguay de loita contra a pobreza e a exclusión social

As acción de Emaús internacional baséanse en tres puntos:

Economía ética e solidaria

Xustiza social e medioambiental

Paz e liberdade de circulación e residencia para unha cidadanía universal.

Uruguai foi a sede da Asamblea Mundial de Emaús internacional, na que se presentou un informe sobre a loita de Emáus contra a pobreza no mundo e que tivo como obxectivo, desenrolar e discutir os temas que fan a vida do movemento e o rumbo a seguir.


Os participantes foron 385 persoas de 34 países, 210 grupos de Emús en total na que Boa Vida foi representada polo integrador social da asociación, Santiago Barros.


Un dos temas que estivern en máis discusión e no que se fixo especial énfasis foi a autosuficiencia da organización, sempre é un tema de discusión se as políticas públicas son necesarias para que os grupos de Emaús existan ou e a dependencia dos diferentes apoios estatais.


As realidades en todo o mundo son moi diversas, é imposible alcanzar unha única mirada. Ao final dos debates prevalece unha postura diversa, entre os que defenden a autosuficiencia total e os grupos que defenden a implicación dos poderes públicos na política efectiva contra a desigualdade.


Outro dos temas centrais sobre o que se traballou, foi a solidariedade internacional entre grupos, de feito, algunhas actividades eran diseñadas para que sobre todo os grupos pertencentes a países europeos estableceran unión e apoiasen a grupos dos países máis desfavorecidos.


Tamén se adicou tempo a reflexionar sobre a vida interior do movemento e reforzar os conceptos da convivencia en comunidade como un dos piares do movemento, pero hai outras alternativas de vivir a “vida Emaús” como poden ser dende a reciclaxe, os préstamos sociais… cada organización establécese en base ás prioridades da súa comunidade.

boa vida, boavidainclusionactiva

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *