Skip to main content

Boa Vida participa na Festa da Primavera de A Parda cun mercado solidario e un desfile de roupa de segunda man

Participantes do desfile de roupa de segunda man de A Parda sobre o escenario
(Pontevedra, 26/03/2023).- O barrio pontevedrés de A Parda celebrou unha Festa da Primavera con varias actividades de rúa para dar a benvida a esta nova estación. Na xornada, organizada pola Asociación de Profesionales y Pequeños Empresarios de la Parda nas prazas da Cítara, Fermín Bouza Brey, Pintor Laxeiro ou o Parque dos Soutos, instalouse un mercado solidario no que participou Boa Vida cun stand de roupa reciclada e de segunda man. Tamén se disfrutou dunha exhibición de Takwondo a cargo de POLC TKD, un obradoiro de ioga para adultos de Beira Vidal Ioga, outro de flores, xogos tradicionais, unha actividade de “pintacaras” infantil, inchables, tiro con arco, voos de drons, un scape room por diferentes rúas da zona e a ambientación musical de Disco Mobil Universe.
Desfile de moda con roupa reciclada e de segunda man
Un dos eventos estrela da festa e que tivo un gran éxito foi sen dubida o desfile de moda organizado por Boa Vida con roupa de segunda man ou reciclada elaborada polo equipo de voluntariado e de traballadores e traballadoras da asociación dentro dos seus programas de integración social e laboral.

A Parda, boa vida, Festa da Primavera, inclusión activa, mercado solidario, pontevedra, roupa de segunda man

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *