Skip to main content

Boa Vida pide a regularización de medio millón de persoas migrantes

(Pontevedra, 4/4/2023).- A asociación pontevedresa Boa Vida, integrada na Coordinadora Galega da ILP Regularización Xa! presentou no Concello de Pontevedra unha moción para que a Corporación local apoie o debate estatal sobre a Iniciativa Lexislativa Popular do colectivo “Esenciales” para a regularización extraordinaria das persoas migrantes no Estado Español.

A ILP Regularización Xa! pretende, entre outras, a modificación da disposición transitoria primeira da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros no Estado Español e a súa integración social. Basicamente establecendo que o Goberno, a través dun Real Decreto, establezca, no prazo de 6 meses, un procedemento para a regularización dos estranxeiros que se atopen en territorio español antes do 1 de novembro de 2021.

Segundo explica José Antonio Ramírez Amor, miembro de Boa Vida e a súa vez da Coordinadora Galega, a intención da plataforma é que as formacións políticas locais debatan e apoien a moción e a súa tramitación no Parlamento estatal antes das próximas eleccións.

A Coordinadora Galega presentou esta moción nos concellos de Ferrol, Santiago, Vilagarcía, A Guarda, O Rosal e agora Pontevedra “para colaborar na difusión e coñecemento desta campaña, promover a concienciación popular e acadar o maior apoio social e institucional para que se debata a ILP no Parlamento Español e convertila nunha proposición non de lei”.

Esta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) xunto con máis de 600.000 sinaturas de apoio, alrededor de 15.000 en Galicia, presentaronse no Parlamento Español a finais de 2022. “Todo un record, xa que as Iniciativas Lexislativas Populares requiren de medio millón de sinaturas, e aquí superouse moi amplamente  ese número” di Ramírez que matiza que, con a última modificación da lei acadaronse miles de regularizacións, malia que, subliña, “é necesaria unha nova reforma pois hai máis de 500.000 persoas migrantes nunha especie de limbo legal, xurídico e persoal porque non existen a efectos oficiais, son invisibles. Un tercio delas menores de idade”.

Estas persoas lamenta, “non teñen acceso ao emprego, vivenda nen servizos públicos e son forzados a traballar en negro, están nunha economía gris, un perxuizo individual e para toda a sociedade pois so contribúen cos impostos indirectos en lugar de xerar benestar e beneficios para eles e para o pais”.

Das 500.000 persoas migrantes afectadas en España, “unhas 80.000 residen en Galicia” estima Ramírez que concreta que o 86 por cento desta cifra proveñen principalmente de Latinoamérica e un 11 por cento de África.

“Por que é importante a moción agora?” engade o voceiro de Boa Vida, “porque o Parlamento Español ten a obriga de debatila neste período de sesión, antes do mes de xuño, e para iso é trascendental manter o tema activo a nivel social e na opinión pública”.

Por último, sinala que: “facendo números, existe unha posibilidade real de que se aprobe a Iniciativa no Parlamento Español. Sería un gran paso adiante para intentar paliar esta dinámica de exclusión que xera unha espiral de vulnerabilidade e desprotección, que aumenta a exclusión social e afecta á sociedade no seu conxunto. Por iso, é fundamental buscar mecanismos que garantan que estas persoas poidan saír da situación de invisibilidade e “non dereitos” como consecuencia do estado migratorio irregular, dos traballos “en negro”, de a falta de cotización pública que perxudica a toda a sociedade, da infravivenda…”.

A ILP para a regularización extraordinaria

Segundo as últimas estimacións, entre 400.000 e 500.000 persoas residen de forma irregular no Estado español, unhas 80.000 en Galicia. Delas, un terzo serían menores de idade. Pero este é un dato moi difícil de precisar, precisamente porque a maioría destas persoas “non existen oficialmente”, son invisibles.

O sistema de acceso á residencia contemplado na Lei de Inmigración LO 4/2000 é insuficiente e limitado e non se axusta á realidade actual dos emigrantes que viven e traballan no Estado español. O motivo disto é, por unha banda, que os criterios de acceso á residencia son moi restritivos e moi difíciles de cumprir e, por outra, que o procedemento administrativo implantado é lento, burocrático e ten unha alta marxe de discreción á hora de outorgar autorizacións ou renovalas.

boa vida, ILP, Iniciativa Lexislativa Popular, migración, migrantes, regulación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *