Campaña de recollida de fondos para mercar nova furgoneta
Ola, como ben xa saberás polos medios de comunicación, o 15 de outubro de 2019, a nosa asociación sufriu un revés moi importante para o seu funcionamento. Na madrugada do propio día 15 de outubro, estando a nosa furgoneta aparcada no almacén, alguén decidiu roubala e ás poucas horas apareceu queimada as aforas de Pontevedra.
Esta furgoneta era o sustento da nosa asociación e de moitas familias que a compoñen, con ela puidemos realizar as recollidas en domicilios, organizar actos nas rúas, mesmo en épocas do Nadal (que xa está preto) era o transporte para os xoguetes daqueles nenos que non poden acceder a eles pero si que poden facelo na nosa tenda de xoguetes onde tódolos anos montamos para o devandito fin.
Hoxe 16 de outubro, é un novo día, e como nos caracteriza nunca baixaremos os brazos, e queremos repornos desta dificultade. Por iso, se ti tamén queres colaborar para que este revés dure o menos posible e podamos seguir loitando pola nosa causa, animámoste a axudarnos a través desta campaña extraordinaria de fondos para poder mercar unha nova furgoneta e seguir coa nosa labor, a xente xa se está a mobilizar e varias persoas xa colaboraron nesta campaña de recollida de fondos.
Se estás interesado en colaborar, podes facelo ingresando unha doazón que ti consideres, no seguinte IBAN da nosa entidade bancaria ABANCA:
IBAN: ES07 2080 5480 9830 4012 9689
Calquer axuda será un gran aporte para seguir loitando por tódalas persoas en risco de exclusión.
Cando hai obstáculo no camiño, a Asociación Boa Vida sempre atopará como superalo