Skip to main content

Encontro pola dignidade

O pasado 17 de outubro, celebramos no Teatro Principal o “Encontro pola Dignidade” con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Estivemos acompañados por representantes de Manos Unidas, Cáritas, Nosa Enerxía. O acto que iniciou cun visionado de videos relacionados co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza para concienciar aos presentes sobre a importacia da loita contra esta problemática nesta época. Os compañeiros e compañeiras que asistiron o acto deleitáronnos cun recitado de poesías tanto en galego, como en castelán, como en árabe, xa que como asociación multicultural queremos que varias culturas estiveran presentes. Tamén demos unhas palabras de agradecemento a todas aquelas persoas que aportaron o seu grao de solidaridade para o noso obxectivo de mercar unha nova furgoneta, tras o roubo e queima da nosa furgoneta.

Para finalizar o acto, tivemos a actuación do grupo “Son das Tabernas” que amenizou unha xornada de moi bo ambiente, ledicia e compañerismo, deixámosvos un video da súa gran actuación:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *