O xoves 17 de outubro, a Asociacion Boa Vida recibiu dentro dos premios “Pontevedreses do Ano” do Diario de Pontevedra, o galardón a Labor Social. As nosas representantes Josefa Vázquez (Presidenta) e Teresa Patiño (Vicepresidenta) subiron ao escenario a recoller o premio, e deron unhas palabras de agradecemento aos que estamos e os que estiveron con nós. Pepa rematou o seu discurso cun poema de Mario Benedetti e un agradecemento a todas aquelas que puxeron o seu grao de esforzo para que esta nosa asociación chegue ata onde chegou, contando que o futuro seguiremos loitando por todos e todas aqueles persoas en risco de exclusión.

Deixovos co video da entrega do noso premio a Labor Social: