Skip to main content

Convenio Nosa Enerxía e Asociación Boa Vida

Nosa Enerxía S. Coop. Galega e Asociación Boa Vida Inclusión Activa, dentro da súa vontade de camiñar cara un novo modelo enerxético sostible baseado no uso de enerxía renovable, respectuoso co medio ambiente e que contribúa a afianzar a democracia e a soberanía enerxética da cidadanía, asinaron este mércores ás 11:00 horas, un convenio que ten dous obxectivos fundamentais:

1.- Impulsar e animar á masa social de Asociación Boa Vida Inclusión Activa a apostar por un modelo de consumo enerxético máis sostible e coherente como é o que representa o cooperativismo de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

2.- Apoiar actividades e proxectos de Asociación Boa Vida Inclusión Activa desde a área de Acción Social e Verde de Nosa Enerxía S.Coop. Galega.

Este apoio se traduce en que por cada persoa socia ou simpatizante de Boa Vida Inclusión Activa que se faga socia consumidora (ou sexa apadriñada) de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, a coop. destinará unha porcentaxe do beneficio da factura anual do consumo da luz para un proxecto de Boa Vida Inclusión Activa.

Boa Vida Inclusión Activa pode destinar esta cantidade a proxectos propios ou a proxectos de Nosa Enerxía con retorno do investimento (proxectos de xeración,mobilidade,…).

As vantaxes de asociarse a Nosa Enerxía para unha persoa socia de Boa Vida Inclusión Activa son moitas e coherentes coa traxectoria e intereses da organización:

  • Ser coopropietaria da súa propia compañía enerxética.

  • Poder consumir enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, a un prezo xusto e sustentable.

  • Ter acceso aos bens e servizos que oferte a cooperativa (xeración,mobilidade,…).

  • Colaborar nun proxecto de propiedade colectiva e de xestión democrática da enerxía.

  • Dedicir que proxectos de xeración de enerxía renovable se poñen en marcha.

  • Apoiar un modelo de xestión que defende o desenvolvemento sostible e apoia os principios da economía social.

  • Apoiar dun xeito práctico e con feitos a defensa da natureza, a protección do medio ambiente e a realización de actividades de carácter social e solidario.

  • Fortalecer o tecido autóctono de enerxías renovables, xerando emprego e desenvolvemento.

  • Unha persoa socia pode “apadriñar” a outra persoa para que poida consumir luz coa cooperativa sen necesidade de ser socia.

 

Deixámoste a nota de prensa e o video da sinatura do convenio entre Nosa Enerxía e a Asociación Boa Vida

NOTA DE PRENSA – DIARIO PONTEVEDRA VIVA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *