Skip to main content

Campaña X Solidaria

A campaña deste ano quere animar a tódalas persoas a encher os seus balcóns e xanelas con debuxos e mensaxes da #XSolidaria e compartilos nas redes sociais.

As entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; algo posible, en gran parte, porque cada vez máis persoas marcan a X Solidaria na súa Declaración da Renta.

Hoxe é o día, non esperes a mañá, e se vas facer a túa Declaración da Renta, lembra marcar a X Solidaria, xa que unha simple marca pode cambiar moitas situacións inxustas e mellorar a situación de moitas persoas.

Lembra marcar a #XSolidaria