Colaboración Boa Vida e La Canalla
Tras unhas semanas de fermoso traballo e colaboración coa entidade “La Canalla” de Vigo chega a nosa tenda a roupa que confeccionaron no curso que impartiron de Ecoconfección a partir de pantalóns vaqueiros cedidos pola nosa Asociación Boa Vida
Xa podes adquirir estas pezas únicas de roupa na nosa tenda de Pontevedra (Rúa Santa Clara, 35), artesanais, sen xénero e de deseño contemporáneo, colaborando cun proxecto que axudará a mellorar as condicións de vida das persoas e contribuirás a rescatar residuos textís que houberan rematado como basura e contaminando o noso mundo.
Con esta acción celebramos a continuación dunha relación a moi longo prazo con La Canalla. Dende a nosa asociación reiteramos a nosa disposición a ceder os excedentes textís a futuros proxectos e a positiva valoración sobre este tipo de colaboracións entre persoas que entedemos que un mundo diferente é posible, e que entre todas e todos podemos colaborar para ter un mundo máis sostible e ecolóxico.
#piezasúnicas #desperdiciocero #suprareciclaje #local #artesanal #bordadoamano #estampadoamano #modaética #modasostenible #impactosocial #impactomedioambiental #trabajodigno #diseñoconsciente #consumoresponsable #economíacircular