Skip to main content

Encontro de Comunidades Traperos de Emaús.

Este fin de semana Boa Vida estivo no primeiro encontro de comunidades de Traperos de Emaús do territorio español (Asturias, Bilbao, Huelva, Murcia e Navarra) logo de que estas actividades quedaran paralizadas por mor da pandemia que tivo lugar en Punta Umbría (Huelva).

Traperos de Emaús é un movemento internacional formado por 425 organizacións que traballan en 41 países de África, América, Asia e Europa, cun doble obxectivo: a escala local, loitando polo acceso de todas as persoas aos dereitos humáns fundamentais mediante a realización de actividades coas persoas excluídas da sociedade. A escala internacional, demostrando a través de iniciativas colectivas que existen alternativas ás situacións de inxustiza.

Dous días de intenso traballo e sentires compartidos sobre a sostenibilidade do planeta, a libre circulación das persoas e todas as cuestións que vertebran o día a día e as loitas dos grupos de Emaús tales como a dignidade no traballo, a loita contra calquer tipo de discriminación ou o rexeitamento a calquer clase de violencia.

A mañá do sábado unha representación de cada grupo desplazámonos aos asentamentos chabolistas dos traballadores temporeiros. Dende o Movemento Emáus estase a trasladar unha denuncia relacionada con esta gravísima situación e vulneración dos Dereitos Humáns Universais e que segue sen resolverse na provincia de Huelva.

Pudemos realizar unha visita ás instalacións que Traperos de Emaús ten en Gibraleón onde se topa o Centro de Preparación para a Reutilización.

Tamén tivemos tempo para disfrutar de Punta Umbría, do seu singular entorno natural e urbano tendo tempo para compartir coas demáis persoas de todas as comunidades convidadas en base á poesía, a praia ou o descanso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *