Skip to main content

Vivir Co Rural. Tres meses máis camiñando.

Foron tres meses intensos, de reorganización constante, listados, documentos, finalmente estructuramos a actividade de forma que segundo a climatoloxía se realiza formación en aula ao principio ou ao final da
sesións.


Desta volta agrupamos as actividades en dous epigrafes, teoría e práctica:
Entregáronselle as actas ás persoas participantes, e certificados de formación de envasados e cociña.


Levamos a cabo exercicios colectivos de reflexión e creación como fortalecer a vida do grupo, e que poda ir tendo cohesión, e con compromiso, coidar a terra significa que cada día ou cada dous visitamos as hortas.


O grupo de watsap aberto danos comunicación e alegría compartimos fotos, recados e saúdos que nos fan sentir parte do grupo. Como a información é moi abundante abrimos un grupo onde solo se mete información os administradores para que os acordos e recados de horarios non se perdan.


Dúas mulleres que participan do proxecto acudiron ao encontro de Amigos da Terra, sobre mulleres de Terra, en Curtis, agradecemos ás persoas que as acompañaron, porque a experiencia foi moi grata e motivadora.


Organizamos na aula de formación un rincón para cafés, para que todos podan usala cando teñen que coidar as hortas comunitarias. Iniciase a posibilidade de que se vaia a recoller roupa e calzado ás tendas previo documento dos seus orientadores.


Formación agro-gandeira
Atendense ás galiñas cada día, unha tarefa voluntaria con pan vello e cereais, durante este
trimestre empezamos a compartir as fins de semana, agora temos quendas para sabados e domingos.

Realizouse a introducción da auga na horta, recibimos a doación dun motor para o pozo que se instalara,
tamen colocamos un tubo para recollida da auga da choiva do tellado da casa que enche os depósitos onde se almacena para logo regar…


Prantáronse aromáticas (tomillo, menta,……….) e explicaronse os seus usos.


No marco da formación de abono realizouse saida a praia para recollida de algas e a sua preparación de
secado e desalinización para utilizar no terreo.


Realizaronse prantacións de especies autóctonas chícharos, berenxenas, pemento de padrón, allos, cebolas, acelgas, espinacas, xudía, tomate,millo, patata, xirasois, …. ) e foraneas (tupinando…) Mantemento de esparragos, de arbores froiteiras e podas. Preparación de canas para o soportes de xudias, tomates
Iniciaronse os repartos de producción de forma equitativa segun as necesidades de cada quen.



Realizouse a primeira charla na parroquia de Alba Centro cultural A Devesa, en colaboración co Concello
de Pontevedra e o proxecto PROPONTE


Durante abril e maio ampliamos grazas a esa colaboración un día mais, as bolsas de formación, que
ingresamos xusto o ultimo xoves de mes que se acode ás formacións para que o fin de mes non sexa tan
apurado.


É complexo e ás veces dificultoso que as persoas se incorporen e se ausenten, xa que parte dos procesos
de vida colectiva (acordos de cesión de hortas individuais, reglamento de réxime interno, formas de
compartir, persoas que xa non perciben bolsa que logo si volven a percibir…..) hai que repetilos moitas
veces pero o esforzo é recompesado polos resultados nas persoas xa que se respetan os seus ritmos e ese é o obxectivo final, acadar a conciencia da importancia de cultivar de forma colectiva e ecolóxica.

Agradecemos o traballo realizado a todas as persoas que van construíndo o a vida productiva comunitaria sen cada unha delas todo isto non sería posible.

boa vida, boavidainclusionactiva, formación, pontevedra, Voluntariado

Comments (1)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *