Encontro de voluntariado e medioambiente

Boas a todas e a todos. Despois de estos meses traballando dende as nosas casas, xa é hora de que nos volvamos a reunir, temos moitas gañas de estar un pouquiño máis cerca de toda a nosa xentiña de Boa Vida, e por iso imos iniciar esta nova etapa cunha parte moi importante dentro da asocaición, as persoas voluntarias.

Se eres voluntario/a de Boa Vida, ou pretendes ser parte do noso equipo de persoas voluntarias, achégate ao “Encontro de voluntariado e medioambiente” que imos levar a cabo na Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (Rúa Fernando II, nº12 – Pontevedra) o día 18 de xuño as 18:00h.

Tende en conta que o espazo é limitado polas medidas de seguridade e hixiene que debemos tomar polo benestar de todas e todos, co que canto máis puntuais sexades, máis posibilidades teredes de acceder ao encontro. Ímolo pasar moi ben e voltaremos pouco a pouco a esa normalidade pasada. Agardámosvos.

boa vida, Medioambiente, Voluntariado

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.