Skip to main content

Ingreso Mínimo Vital, un novo horizonte

Hoxe, celebramos a publicación no BOE, do Real Decreto-ley 20/2020, de 29 de maio, polo que se establece o Ingreso Mínimo Vital. Entra en funcionamento unha ferramenta, que fará deste mundo, un mundo máis xusto e igualitario. Moita xente pensará que é pouco, que fomentará traballos de economía sumerxida, que simplemente non funcionará. Pero importantes economístas apoian esta media.

Este ingreso, permitirá que familias, en situación de pobreza, poidan vislumbrar unha posibilidade de saida a situación xerada polo COVID-19 e as crises económicas polas que estivemos pasando estes anos.

O ingreso mínimo vital, lonxe de fomentar a economía sumerxida, loitará contra ela, xa que un dos piares básico que a rexe é a búsqueda activa de emprego, ademáis o contar cun ingreso familiar, estas familias accederán a máis productos de canasta básica nos mercados, o que fomentará que estes locais aumenten a súa ganancia, xerando novos postos e comprando a máis proveedores, que a súa vez mellorarán a súa economía facendo circular deste xeito a economía no noso país. Este movemento de capital, fará que, como país cun Estado de Benestar implantado, poida seguir invirtindo na SANIDADE pública, na EDUCACIÓN pública, etc.

Xa fai dous anos tanto a saínte Comisión Europea en especial a Comisaria Thyssen, afirmou que nin o BREXIT ni as súas restriccións orzamentarias limitarían as pontencialidades dunha renda mínima vital (RMV). A este movemento adheríuse a EAPN-Europa e as súas ramas estatais.

Pois xa está aquí aprobada polo goberno español un Ingreso Mínimo Vital. A ninguén escapa que o desexo dos distintos colectivos sociais se decantaban por unha RENDA BÁSICA UNIVERSAL SUFICIENTE E NON CONDICIONADA.

A Red Renta Básica, e a rede Renda Básica das Iguais, xa teñen propostas reformas do texto aprobado, tanto na liña de aumentos das cuantías como de aumento da cobertura social.

Tamén o noso compañeiro Javier Pérez (responsable do grupo de participación EAPN-España) comentaba que isto consistía nun comenzo, nunha ruptura que debería levar a un máis completo sistema de rendas garantidas.

Seguimos a evolución, cautelosos.

Acceso ao enlace da normativa: Real Decreto-ley 20/2020, de 29 de mayo, por el que se establece el ingreso mínimo vital