Formación en reciclaxe e competencias para a vida
Dende a Asociación Boa Vida convocamos a toda persoa interesada en participar na nova formación que vamos a realizar coa denominación de “Formación en reciclaxe e competencias para a vida”. Se queres que este mundo sexa un pouco máis sostible non esperes e anotate, aprenderás novos xeitos de que a ecoloxía e o traballo melloren a nosa terra e as nosas conciencias.
Obxectivos
- Fomentar a reciclaxe
- Concienciar dos beneficios dun uso responsable dos produtos téxtiles e
- outros de refugallo
- Crear un grupo de referencia en formación ocupacional
- Adestrar as competencias para a vida
- Reforzar a psicomotricidade fina
- Minimizar os efectos da pobreza relacional
-
Facilitar produtos (roupa, calzado, libros, xoguetes…) para uso persoal e familiar.
Contidos
-
Creación dun espazo de confianza e reunión, cun ambiente distendido para as persoas participantes.
-
Transmisión de valores de, cooperación, cohesión de grupo, solidariedade, tolerancia e respecto e intercultural.
-
Dinámicas de relación e comunicación saudables e para a busca de emprego coas novas tecnoloxías.
Alumnado
Persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social, contemplando tamén o risco de ambas situacións como potenciais participantes.
Terán preferencia aqueles que sigan algún itinerario de inserción e veñan valoradas doutras entidades que traballan neste eido.
Non se descarta a participación de persoas que non teñan este perfil sempre que queden prazas dispoñibles, co obxectivo de promover a inclusión social.
O número de persoas será como mínimo 7 e como máximo 15 para para todo o proceso.
Inscricións e información:
Na ODDS (Rúa Fernando II, 12 baixo)
No teléfono 698124762 (Santi)
No email oficinadereitosociaisboavida@gmail.com (Santi)