Boas! ☀️
Continuamos este venres 22 de maio as 19:00 h., con outra sesión do 📣 I Ciclo de Faladoiros para a mocidade de Pontedeva e arredores📣.
Esta vez o tema a tratar será as persoas en movemento, migrantes e refuxiadas.
Para charlar sobre esta tema, teremos a sorte de contar con Cristina Junquera Gómez, activista en favor dos dereitos humanos que dende Palencia, entre outras cousas, falaranos da súa experiencia como voluntaria en Grecia durante varios períodos nos que puido ver en primeira persoa a situación das persoas que chegan a Europa buscando un lugar seguro e digno onde vivir.
Se che interesa, ponte en contacto con nós a través do 604 23 72 44 📱
Vémonos o venres ás 19:00
👣🌿