Reapertura da Tenda Solidaria
Moi boas novas amigas e amigos. A nosa tenda solidaria volve a abrir as súas portas para todas e todos os nosos clientes.
O lúns 18 de maio a partir das 10:00, as nosas portas estarán abertas para aquelas persoas que queiran achegarse a nosa tenda. Nestes momentos de dificultade para todas e todos, queremos facer esta reapertura cunha superpromoción onde teredes toda a roupa a 1€. Esta promoción non inclue calzado, adornos, etc. pero sí toda a roupa que verás na tenda.
O horario de apertura na tenda solidaria será de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30
Dirección da tenda solidaria: Rúa Santa Clara, 35 – Pontevedra (Pontevedra)
A fin de manter a lexislación vixente, tomaremos tódalas medidas de seguridade que estén en funcionamento no Estado de Alarma, adaptándonos así a normativa actual.
Actualmente xa contamos coas medidas básica sanitarias.
Toda persoa que desexe facer algún tipo de doazón mediante recollida domiciliaria, xa pode comunicarse connosco a través do teléfono 605.399.142 para coordinar o día e a hora, xunto ás medidas de hixiene e seguridade que precisamos aplicar.
ESTAMOS AGARDANDO POR TI, VÉMONOS PRONTO.