Escola de enerxía
O xoves 17 de xuño ás 17:30 horas, realizaremos unha nova edición da Escola de enerxía.
Con motivo das novas tarificacións das eléctricas, un experto na materia daranos consellos e claves sobre o aforro enerxético, a factura eléctrica dixital e os novos tramos horarios de uso eléctrico.
Convidámoste a traer a túa última factura de electricidade para aprender a analizala correctamente.
Se queres participar nesta edición podes contactarnos no 698.124.762 ou no email itinerariosboavidainclusion@gmail.com
Por razóns sanitarias o cupo de prazas será reducido, recomendámoste que te inscribas canto antes.