Skip to main content

I Encontro polas migracións

Cartel I Encontro polas migracións A interculturalidade e a protección internacional

I Encontro polas migracións e a protección internacional

Boa Vida sumase ao día Mundial das persoas refuxiadas, que se ven celebrando polo ACNUR dende fai 20 anos, e que este ano conta co lema

Juntos nos cuidamos, aprendemos y brillamos”.

As actividades iniciaronse o mércores 16 de xuño, continuan este sábado 19 das 11 as 13 horas na praza da Peregrina, onde o voluntariado intercultural será o protagonista, ofrecendo á cidadanía historias de migracións e preguntando pola propia historia de migración, que na nosa cidadanía, está tan presente tamén na actualidade.

O mércores 16 participaron 15 persoas nunha camiñata pola illa das esculturas como expresión da interculuralidade e a través da arte realizaronse pinturas que recollen os sentimentos que se producen no momento que se chega ao pais de acollida. O máis destacado é o medo a ser victima de agresións e deportación ao lugar no que se sufriron as diversas razóns que se viro obrigadas a saír do seu fogar.

Coa actividade do día 19, pretenden dar a coñecer a dramática situación que viven millóns de persoas no mundo, e sumarse ás declaracións de outras organizacións que como Accem, que reclaman “vías legales, reales y seguras para las personas refugiadas. Hacer efectivas las vías seguras reduciría sensiblemente el sufrimiento asociado a la dureza y la peligrosidad de las rutas migratorias, que se cobran cada año miles de muertos y desaparecidos.

Ademais recollerán productos (lista na web: ongaire.org) para un Centro de Atención a Mulleres e fillos a cargo , en Atenas da Asociación Aire da Coruña. Tamén poden levarse á Peregrina ou ás tendas de Boa Vida.

Nesta liña colaborativa de Boa Vida, están á procura da cofinanciación precisa para (faltan 2700 euros) o proxecto Galicia Acolledora, ate o momento contan con apoios da Fundación Forma Vigo, Fundación Abbé Fierre, e Club Rotary.

A entidade ven desenvolvendo por segundo ano consecutivo este proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos 0,7% da declaración da renda IRPF.

Ademais destas actividades interculturais, contan con formación na sociedade de acollida, dixitalización, nacionalidade e información xurídica.

Mais información Gemma Vilas

Responsable do programa Galicia Acolledora

Telf 698 124 762

migración, PlazaPeregrina, Refuxio