Queres facer voluntariado?
Boa Vida pecha o curso escolar convidando á cidadanía a facer voluntariado
Mesa redonda, “Queres facer voluntariado? Ven a coñecernos!!”
Edificio Administrativo Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal (Acceso por esquina con Rúa Javier Puig Llamas) mañá martes 22 ás 20 horas.
As actividades de voluntariado están cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través do 0,7% do IRPF da declaración da renda, Neste caso precisan novas incorporacións para dar continuidade, especialmente no verán, as accións emprendidas durante o curso 2020-2021.
Na mesa redonda Pepa Vázquez Presidenta de Boa Vida, fará un percorrido pola lei de voluntariado e nomeará as diferentes ONG nas que se pode participar, tamén explicará o plan de Voluntariado da entidade, para destacar como a participación ademais de dar sempre se recibe moito mais contribuindo principalmente á propia felicidade.
Lourdes Bustamante, xerente da empresa de inserción Vivir do Traballo explicará o proceso vivido do primeiro ano de vida desta nova forma de intervir en beneficio da comunidade, como xa se sabe Boa Vida fai recollidas, limpezas e pon a disposición todo tipo productos reutilizados nas súas tendas (Rúa da Seca num 3 e Santa Clara 35) o equipo de mais de 20 persoas precisa nestes meses de verán voluntariado que apoie a selección xa que neste periodo os voluntarios habituais toman tempo de descanso, Tamén seleccionan na actualiade persoas para participar no obradoiro experimental de arranxos téxtís e customización de textil.
Marcos Fontán, explicará a súa experiencia como voluntario nas fincas que Boa Vida ten cedidas na parroquia de Alba, onte contan con cultivos individuais e colectivos e están tratando de incorporar a cria de polos e producción de ovos para o autoconsumo. Tamén nesta área son precisos voluntarios que apoien o proceso de coidado e acompañen as persoas en situación de pobreza e exclusión no coidado da terra e a producción para o autoconsumo.
Como peche de curso escolar convidarán a un pincho ao voluntariado participante e tamén a aquelas persoas que se acheguen para coñecer con calma o equipo e as actividades.
horta, IRPF, ONG, Voluntariado