Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero
Hoxe remata a formación “Igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero“ organizada pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, onde están participando 4 compañeiras da Asociación Boa Vida. Unhas sesións formativas moi interesantes das que seguro a nosa entidade sacará moito proveito na súa loita pola defensa da Igualdade.
Máis información sobre esta formación na seguinte ligazón: VOLUNTARIADO GALEGO