A asociación Boa Vida está incluida na web de Rede Axuda do Concello de Pontevedra. Esta web é unha plataforma de axuda e interacción entre a cidadanía e as entidades sociais pontevedresas para atender as necesidades básicas da poboación. Aquí amósanse recursos suficientes para canalizar a nosa axuda cara a súa importantísima labor social e humanitaria. Rede Axuda é unha inciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.

Esta iniciativa ven impulsada pola Concellería de Benestar Social Municipal a partir de diversas xuntanzas nas que participaron as entidades asociativas adicadas a esta actividade, e unha vez detectadas as posibles melloras que poderían facer máis eficiente o seu traballo social.

Podes acceder aos nosos datos na Rede Axuda a través da seguinte ligazón REDE AXUDA