Skip to main content

Formación en reciclaxe e competencias para a vida

Dende a Asociación Boa Vida convocamos a toda persoa interesada en participar na nova formación que vamos a realizar coa denominación de “Formación en reciclaxe e competencias para a vida”. Se queres que este mundo sexa un pouco máis sostible non esperes e anotate, aprenderás novos xeitos de que a ecoloxía e o traballo melloren a nosa terra e as nosas conciencias.

Obxectivos

  1. Fomentar a reciclaxe
  2. Concienciar dos beneficios dun uso responsable dos produtos téxtiles e
  3. outros de refugallo
  4. Crear un grupo de referencia en formación ocupacional
  5. Adestrar as competencias para a vida
  6. Reforzar a psicomotricidade fina

  7. Minimizar os efectos da pobreza relacional

  8. Facilitar produtos (roupa, calzado, libros, xoguetes…) para uso persoal e familiar.

Contidos

Prácticos

  1. Técnicas de elaboración e manipulación de materiais de desfeito

  2. Técnicas para a reciclaxe baseadas no téxtil.

    Transversais:

  3. Creación dun espazo de confianza e reunión, cun ambiente distendido para as persoas participantes.

  4. Transmisión de valores de, cooperación, cohesión de grupo, solidariedade, tolerancia e respecto e intercultural.

  5. Dinámicas de relación e comunicación saudables e para a busca de emprego coas novas tecnoloxías.

  6. Consumo responsable “sacar partido a cesta da compra”.

Alumnado

Asistencia: Presentación e competencias para a vida. Todos ate 20 persoas.

21 de xuño. Casa Azul. Sala Liñares, boton 2 ascensor. Monitora Charo.

Modulo Montaxe estruturas: do luns 24 ao martes 2 xullo.

Aula 17 EPA. Monitora Begoña

Modulo fabricación : Bolsas do 2 a finalización. Hace falta experiencia con maquinas de coser.

Obradoiro Manos artesanas.

Do 3 de xullo a te finalización. Monitora Olga.

Modulo competencias para a vida: para todos:

Lunes 15 xullo. Lugar por determinar.

CALENDARIO:

Data de inicio prevista: 21 de xuño

Data de finalización prevista: 30 de outubro

Horario previsto: 9.30 a 13.30.

Lugares de realización. Iranse comunicando segundo o módulo que se realice.

Inscricións e información:

Victor Regueira

Oficina Dereitos e Deberes Sociais

Telf: 698 124 762.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *