Outro ano máis, e voltamos coa IX Escola de Verán “Voluntariado, coñecer e participar”. O lúns 31 de agosto as 9:30 darán comezo as actividades e continuaremos ata o martes 1 de setembro onde faremos o peche da actividade.

Tras este ano complicado, as nosas gañas de traballar e volverte a ver seguen a ser moi grandes, e a Escola de Verán é a oportunidade que agardamos todos os anos para estar xunto a ti, tras o verán.

Na IX Escola de Verán trataremos temas como o COVID-19, Producción e comercialización agrícola, Muller e riqueza. Estaremos acompañadas/os de grandes ponentes e sobre todo de todas e todos vós.

Este ano as actividades levarémolas a cabo no salón de actos da Igrexa de Santiaguiño do Burgo (abaixo deixámosvos a localización por googlemaps).

Agradecemos a Xunta de Galicia, xa que a través dos fondos do programa subvencionado cos fondos do IRPF, a nosa actividade estrela de tódolos veráns pode ter a continuidade.

Rogamos confirmación de asistencia ó acto, a fin de manter as medidas sanitarias vixentes.

Agardámosvos