Mesa redonda e entrega de diplomas

O mércores 22 de xullo as 11:30 no salón de actos da Igrexa de Santiaguiño do Burgo, levaremos a cabo a Mesa Redonda sobre migracións e posteriormente a entrega de Diplomas das 3 edicións da Formación en sociedade de acollida “Acollemos” que impartimos durante o 2019.

Neste acto acompañarános, na Mesa Redonda que organizaremos, o Director Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado, a Xunta Directiva da Asociación Boa Vida, a coordinadora da empresa de inserción Vivir do Traballo, Dña. Lourdes Bustamante, e a avogada especialista en migracións, Dña. Maribel Álvarez.

Convidamos a todos e todas os participantes da formación “Acollemos” que se levou nestas edicións durante o 2019 a que acudan para a súa recepción. No caso de non ser posible, poderán enviar alguén na súa representación, facendo chegar unha autorización e unha copia do seu documento de identidade.

Rogamos confirmación de asistencia ao acto, a fin de manter as medidas sanitarias vixentes.

Agardámosvos

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra - Ourense
674 137 604 | 986 848 159

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.