Boas a todas e a todos, tras estos meses de situación atípica onde tivemos que traballar dende a distancia, agora comezamos unha nova etapa onde estamos voltando a normalidade para atendervos en persoa. Esta semana, a petición de moitos de vos, daremos novamente inicio as sesións de Búsqueda Activa de Emprego, que tanto éxito tiveron durante o 2019 e principios de 2020.

Os grupos de BAE iniciarán o mércores 29 de xullo do 2020, as 11:00. Na Rúa Fernando II, 12 – baixo (Pontevedra)

Dende a Asociación Boa Vida e a través das sesións de Búsqueda Activa de Emprego (BAE), pretendemos realizar unha formación que capacite e dote de formación aos participantes da mesma, sobre a búsqueda de emprego na actualidade, facendo especial fincapé nas novas tecnoloxías e nos novos nichos de emprego que vaian aparecendo. Ademáis buscamos que as persoas en risco de exclusión podan acceder a un mercado laboral do que foron apartados e no que é moi complicado a día de hoxe volver a acceder pola multitude de barreiras tanto sociais como dixitáis coas que se atopa este colectivo.

Se estás interesada/o podes inscribirte de dous xeitos:

Enviando unha mensaxe de whatsapp ao 698124762, escribindo “BAE+Nome”

Enviando email a oficinadereitosociaisboavida@gmail.com, escribindo “BAE+Nome” no Asunto do email

Agardámovos.